Actividade 11: Tannhäuser-Photocall
Para rematar este percorrido no mundo lírico, ¡invitámoste a participar no noso photocall!
Tannhäuser und der Sängerkrieg auf Wartburg é unha ópera en tres actos, con música e libreto de Richar Wagner (1813-1883), baseada en dúas lendas alemás que tratan a loita polo amor sagrado e profano e a redención a través do amor. O libreto foi escrito entre 1842 e 1834; a música composta entre 1843 e 1845. A estrea tivo lugar no Königlich Sächsisches Hoftheater de Dresde, o 19 de outubro de 1845, baixo a batuta do propio compositor. É unha gran obra mestra, de magnífica complexidade dramática, construída ao redor do concepto da “melodía infinita”.
O noso photocall mostra os figurinos dos protagonistas da ópera: Tannhäuser -un Minnesinger (trovador xermano), interpretado por tenor dramático- e Elisabeth -a sobriña do Landgrave, interpretada por unha soprano-.
Se visitas a exposición en persoa, elixe con quen queres compartir esta experiencia, logo introducide o voso rostro nos espazos asignados e que alguén vos tome a foto. Outra alternativa é editar os vosos rostros de forma dixital na imaxe do photocall, mediante calquera editor de imaxe do teu agrado (Paint, GIMP, IfanView, Canva, Adobe Express...).
Elixe con quen queres compartir esta experiencia. Anímate e compártea no teu Instagram co hashtag #cantantesliricasgalegas e etiquetándonos como @liricagalega
